terça-feira, dezembro 05, 2006

O franquismo hoje: balanços críticos (I)

Realizou-se recentemente o principal fórum de debate sobre o franquismo, o Encuentro de Investigadores sobre el Franquismo, em Saragoça. O historiador Daniel Lanero traz-nos um balanço crítico e muito precioso desses trabalhos. Dada a extensão da sua análise resolveu-se que seria apelativo dividi-lo de acordo com as várias partes do Congresso e ir apresentando uma parte por dia. Assim, hoje segue a apresentação, sempre na versão original em língua galega.

"VI ENCUENTRO DE INVESTIGADORES SOBRE EL FRANQUISMO (Zaragoza, novembro de 2006): unha valoración crítica
Entre os pasados días 15 e 17 de novembro celebrouse en Zaragoza, organizado polo Departamento de Historia Moderna e Contemporánea desa Universidade e pola Fundación Sindicalismo y Cultura (de CCOO–Aragón), o VI Encuentro de Investigadores sobre el Franquismo. Nas vindeiras páxinas, tentarei dar conta dos aspectos máis significativos de dito encontro, probablemente, o máis relevante que existe no conxunto do Estado para os historiadores que investigamos a dictadura franquista.
O Encontro artellouse en torno a 6 sesións:
1) Franco y las políticas de la victoria;
2) Sociedad y movimientos sociales durante el franquismo;
3) La cultura y el poder: discursos, memorias e identidades;
4) El mundo del trabajo: obreros, empresarios y Estado;
5) Las mujeres en la dictadura: fascismo, catolicismo y resistencia;
6) e, por último, Represión y violencia: las caras del terror.
En principio, algúns dos títulos das sesións - como por exemplo o da primeira ou o da cuarta - semellaban algo reiterativos (respecto de convocatorias anteriores) e demasiado vagos. Nembargantes, é preciso recoñecer que este tipo de eventos requiren de sesións caracterizadas pola amplitude das temáticas acollidas, co obxectivo de poder integrar con comodidade ao conxunto de comunicacións presentadas. De seguido, pasarei a facer un comentario valorativo sobre o desenvolvemento de cada unha das devanditas sesións."
Site Counter
Bpath Counter

fugaparaavitoria[arroba]gmail[ponto]com