
"A
terceira sesión, «
La cultura y el poder. discursos, memorias e identidades», foi unha das que máis interese, atendendo ó número de traballos presentados, despertou entre os participantes. Contou cun total de 17 comunicacións
(23%), no que resulta un claro indicador de cáles son os campos da investigación sobre o réxime que máis están a chamar a atención dos historiadores e doutros investigadores procedentes do ámbito máis xenérico das Humanidades, en especial, daqueles máis novos e máis recentemente incorporados á pesquisa. Este feito non fai máis que reforzar unha tendencia que comezara a abrollar no precedente V Encuentro
(Albacete, novembro de 2005). A relación, máis ben ‘plana’, o que mediatizou en demasía un debate que podería ter sido moito máis vivo e profundo, correu a cargo da Prof.ª Alicia Alted
(UNED).
Na sesión destacaron varios eixos temáticos: as comunicacións adicadas á cinematografía propagandística franquista (3); aquelas outras centradas nas expresións artísticas literarias (revistas da época (2), xornais (1), e unha última bastante orixinal que estudaba a presenza contextual do franquismo na novela de Juan Marsé); as que analizaban as políticas culturais e educativas no Protectorado español de Marrocos (2) e, por último, as adicadas ó estudo das políticas e lugares da memoria (2)." [continua]
Daniel Lanero Táboas
1 Comments:
arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo
Enviar um comentário
<< Home