O franquismo hoje: balanços críticos (III)
"A segunda sesión, «Sociedad y movimientos sociales durante el franquismo», recolleu 14 comunicacións (18%) do total. O relator foi nesta ocasión o recoñecido catedrático da U. de València, Prof. Ismael Saz Campos.
Nos últimos tempos, tal e como se demostrou no derradeiro congreso da Asociación de Historia Contemporânea (Vitoria/ Gasteiz, setembro de 2006), a categoría analítica "movementos sociais", estase a converter nunha especie de «caixón de xastre» ou «etiqueta» na que, polo xeral lonxe das reflexións sobre a prolífica teoría dos movementos sociais, cabe todo tipo de traballos. É por iso que esta sesión lembraba bastante, na súa concepción, á sección de «Miscelânea» de calquera revista do gremio. Cinco das comunicacións presentadas trataban a situación do movemento obreiro na clandestinidade durante o franquismo; outras tres estiveron adicadas aos movementos estudantís de oposición á dictadura, e as restantes atenderon a temáticas diversas.
En xeral, resultou unha sesión bastante tediosa, na que o debate xirou - até enquistarse - en torno a unha comunicación que estudiaba as supostamente exitosas estratexias de penetración sindical da UGT nos centros fabrís de Cantabria nos anos 60, o que viña ‘desafiar’, até certo punto, o discurso historiográfico (e tamén dalgúns sectores sindicais) predominante, así como diferentes traballos empíricos, que poñen de manifesto que a outra gran central sindical na clandestinidade (Comisiones Obreras/ CCOO) foi durante o tardofranquismo a máis activa e directamente implicada na dirección das reivindicacións dos obreiros e na súa politización." [continua]
Daniel Lanero Táboas
2 Comments:
Viva
Continuando os comentarios anteriores: fico etao 'a espera desse comentario proprio. Estranhei a falta de interesse pelo M. S. Cardia, devo dizer, atendendo a que o periodo do PREC vos interessa. E numa nota mais pessoal estranhei nao ver o Esplanar na lista dos blogs contra a despenalizacao do aborto; mas nao desapareci, pelo menos intencionalmente.
ate brevee
CL
Pois é, não há tempo para ir a todas.
Ainda assim, o outro blogue onde colaboro deu destaque ao M. S. Cardia e, quanto a listagens, foi lapso involuntário (eu só listara posts que tinha lido ultimamente, não blogues). Mas as listagens podem sempre ser reforçadas em posts posteriores.
Li que há outros bloggers a fazer isso. Ainda bem.
Enviar um comentário
<< Home