O franquismo hoje: balanços críticos (VII)

A vitalidade - permanente dende finais dos anos 80 - desta sección dos estudos sobre o franquismo, quedou posta unha vez máis de manifesto atendendo ao número de comunicacións presentadas, 17 (23%) do total.
O máis característico desta sesión foi a variedade de enfoques incorporados polos autores. Algúns máis novidosos, outros máis clásicos e mesmo, un terceiro
tipo de traballos que renovan certas parcelas da investigación. Este último é o caso das comunicacións adicadas a análise da depuración de corpos profesionais da administración do Estado que até o de agora non tiveran un trato preferencial. Sería o caso dos profesionais do ensino secundario, dos funcionarios de prisións ou dun corpo profesional como o dos xornalistas.

Outro eixo temático a salientar entre as comunicacións presentadas neste apartado do Encuentro é o da Historia dos represores, con varias interesantes comunicacións que analizaban o papel dos delatores no seo das súas comunidades.
Segue a chamar a atención dos especialsitas, cada vez máis, o estudo da represión no mundo rural, no seo das comunidades campesiñas.

Por último, é necesario facer mención dos algo recorrentes, e moi de moda nos últimos anos, estudos relativos ós campos de concentración franquistas e ás institucións penitenciarias.
Quizais o máis salientable desta sesión adicada ó estudo da represión franquista estea na reivindicación polos autores - en boa medida xa asumida pola academia - do valor dos estudos que empregan os recursos metodolóxicos da Historia local e da microhistoria, así como a notable extensión alcanzada, como xa foi dito, polos traballos ocupados na análise do mundo rural." [continua]
Daniel Lanero Táboas
1 Comments:
arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo
Enviar um comentário
<< Home