quarta-feira, dezembro 06, 2006

O franquismo hoje: balanços críticos (II)

"A primeira sesión, «Franco y las políticas de la victoria», foi a que menos chamou, a priori, a atención dos comunicantes, pois tan só 7 (9,5%) presentaron un traballo á mesma. A relación correu a cargo da Prof.ª Encarna Nicolás Marín (U. de Murcia).
Catro das comunicacións abordaban o estudo do partido único, FET y de las JONS, outras dúas a análise da biografía de personalidades de relevo e unha derradeira o estudo das institucións locais, en concreto, das Deputacións provinciais.
O aspecto que centrou o debate nesta sesión foi o dos diversos ritmos e circunstancias que acompañaron na periferia provincial ó proceso de desfascistización iniciado nos centros políticos do réxime dende finais de 1941 - comezos de 1942. Constatouse que namentres nalgunhas provincias (como Toledo ou Palencia) os ritmos eran acordes coa situación deses centros políticos estatais, noutros territorios, caso de Cantabria, asistíase a un reforzamento do partido único e da presenza dos seus militantes e dirixentes nas institucións locais.
A discusión derivou cara a camiños que poden ser moi produtivos nun futuro próximo, cando diversos asistentes insistiron na necesidade de avanzar no estudo das diferentes institucións políticas, administrativas, de encadramento... do réxime, máis aló dunha fronteira cronolóxica (1945) que até o de agora ten actúado como unha confortable 'estación terminal' para boa parte da investigación. Esta idea non deixou de flotar na atmósfera do Encuentro ó longo de todo o seu desenvolvemento posterior." [continua]
Daniel Lanero Táboas

2 Comments:

Blogger CLeone said...

Interessante, mas pena nao ter comentario seu. Apenas interesse no tema, ou retorno 'a ideia de um encontro sobre o fascismo em Portugal do Verao passado?
CL

3:14 da tarde  
Blogger Daniel Melo said...

Seja bem aparecido!
Bom, esta é uma série muito concreta, surgiu por sugestão do autor, que me pareceu muito interessante e até útil.
Julgo que necessitamos de mais reflexão e debate sobre estas questões. E de aprofundar os estudos comparativos.
No debate passado, estival, logo disse que os bons debates não morrem, regressam ciclicamente.
Também eu penso retomar o assunto, daqui a umas semanas.

12:40 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home

Site Counter
Bpath Counter

fugaparaavitoria[arroba]gmail[ponto]com