terça-feira, dezembro 12, 2006

O franquismo hoje: balanços críticos (VIII)

"As actividades académicas deste VI Encuentro completáronse cunha conferencia - homenaxe ó falecido profesor e historiador catalán Javier Tusell, a cargo do catedrático de Literatura española da U. de Zaragoza e crítico literario José Carlos Mainer, da que habería que destacar a sabia combinación de emotividade e contención, centrando o seu discurso nunha análise do que supuxera a figura de Tusell no marco da bisoña historiografía española da transición á democracia e dos primeiros anos de asentamento desta.
Pola súa parte, o prestixioso psiquiatra Carlos Castilla del Pino fora o encargado de pronunciar a conferencia inaugural do Encuentro, baixo o título «El estatuto moral del franquismo».
No acto de clausura deste VI Encuentro os asistentes aprobaron por unanimidade un comunicado no que se solicitaba que o proxecto gubernamental de «Lei da memoria histórica», que na actualidade se atopa na fase de tramitación, recollera a nulidade do conxunto de procedementos xuridiciais vencellados á represión franquista e sancionara o libre acceso a tódolos fondos documentais relativos á Guerra civil e á posteiror dictadura franquista que aínda non están dispoñibles." [nb: continua; sobre este assunto vd. outro texto do autor aqui]
Daniel Lanero Táboas
Site Counter
Bpath Counter

fugaparaavitoria[arroba]gmail[ponto]com