O franquismo hoje: balanços críticos (VI)
"A quinta sesión, «Las mujeres en la dictadura: fascismo, catolicismo y resistencia», foi unha das que xenerou un maior nivel de debate. Recibíronse nesta sesión 12 comunicacións, 16% do total.
A análise da Sección Femenina de FET y de las JONS e doutras organizacións máis ou menos homologables (como a Acción Católica feminina) foi o tema predilecto dos traballos presentados, até 6 (a metade).
A sesión completouse con aportacións sobre a situación, en xeral, das mulleres baixo a dictadura, o estudo das institucións penitenciarias femininas, os programas educativos orientados a elas...
Actuou como relatora da sesión unha das investigadoras máis activas, e de máis longo percorrido nos estudos sobre o franquismo, a Prof.ª da U. Autónoma de Barcelona, Carme Molinero Ruiz, quen dirixiu o debate dun xeito brillante.
As intensas discusións da sesión xiraron arredor da suposta «modernidade» daquelas mulleres que desempeñaron cargos directivos na Sección Femenina de FET y de las JONS. Esta pretendida «modernidade» - no campo dos seus comportamentos sociais ou da súa independencia profesional respecto dos homes - tería, segundo algunhas das intervencións no debate, servido como exemplo para algunhas das nenas e mozas encadradas pola organización, o cal, por certo, non cadra moi ben cos contidos reaccionarios e machistas propagados polo discurso desta organización do partido único. Ás veces, e mesmo entre historiadores xa experimentados, dáse a paradoxal tendencia de non establecer a necesaria distancia respecto do obxecto de estudo (en especial cando este se materializa en persoas), o que ten como consecuencia unha especie de ‘namoramento distorsionador’ que, segundo parece, estaba presente nalgún dos textos presentados.
Outro interesante tema de debate tivo que ver coa necesidade de seguir estudando os efectos - en canto á xeneración de actitudes de consentemento entre a poboación - da propaganda presente nos discursos políticos, nos medios de comunicación e nas institucións do réxime." [continua]
Daniel Lanero Táboas
1 Comments:
arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo arcondicionadoautomotivo e arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo - arcondicionadoautomotivo ; arcondicionadoautomotivo , arcondicionadoautomotivo
Enviar um comentário
<< Home